Cooperativa Terra
A Cooperativa de traballo social Terra inícia coa primeira entrega o contacto cos consumidores para poder constituir unha Cooperativa de consumo de productos biolóxicos na comarca de Compostela.
A continuidade do proxecto pasa polo compromiso dos posíbeis cooperativistas en constituiren-se como tal Cooperativa.
Para iso serian necesários dous requisitos iniciais básicos: a formalización mediante unha asemblea constituinte coa aprobación duns estatutos, e o pago efectivo dunha matrícula (5.000 ptas) e un aporte mensual (500 ptas) para facer fronte á capitalización da Cooperativa.
De todos os xeitos, mentres isto non aconteza TERRA seguirá a asumir a xestión dos vosos pedidos, para o que solicita a vosa opinión e colaboración facendo-nos chegar nos próximos dias a información dos productos que necesitades ou gostariades de conseguir.
Ao mesmo tempo estamos a elaborar o noso catálogo específico de productos seguindo os critérios xa coñecidos: priorizar os productos do País, con avais e certificacións sempre que sexa posible, e no seu defecto traballando con distribuidoras de economia social e familiar.
Así mesmo tentara-se convencer aos productores da comarca de Compostela para que transformen as suas explotacións convencionais en biolóxicas.
Unha vez teñamos concretado o catálogo de productos (coa maior información sobre os mesmos) faremo-lo chegar ás vosas mans, via correio convencional ou correio electrónico.
Telefone para pedidos ou máis información (a partir das 17:00h, á atención de Emílio) |
|
|
||||
|
vendasterra@hotmail.com |