Make your own free website on Tripod.com

 

O LIXO EN COMPOSTELA

Martiño-Fiz López Lindoso (Faculdade de Bioloxia)

Uxio Benítez Fernández (Faculdade de Química)

Traballo realizado para: Tecnoloxia de Resíduos Sólidos

(Licenciatura de Física)

Xaneiro do 2000

O LIXO EN COMPOSTELA

1-INTRODUCCIÓN.

2-SITUACIÓN ACTUAL:

2.0-Metodoloxia.

2.1-Recollida Xeral do Lixo.

2.2-Vertedoiros de RSU.

A-Vertedoiro de RSU de Piñor.

B-Vertedoiro de Inertes de Aríns.

C-Vertedoiro clausurado de Boisaca.

2.3-A Recollida Selectiva.

2.3.1-Vidro.

2.3.2-Pilas.

2.3.3-Papel/Cartón.

2.3.4-Plásticos e Metais.

2.3.5-Puntos Limpos Móbiles.

2.4-Resíduos Inertes.

2.5-Resíduos Voluminosos.

2.6-Resíduos Especiais.

A-Resíduos Hospitalários.

B-Resíduos da praza de abastos e mercado de gando.

C-RDTPs.

D-Desguaces de coches (Proxecto TRAVEMA).

2.7-Entrevista co Concelleiro de Meio Ambiente.

3-MELLORAS PROPOSTAS:

3.1-Recollida Xeral do Lixo.

3.2-Vertedoiros de RSU:

A-Vertedoiro de RSU de Piñor.

B-Vertedoiro de Inertes de Aríns.

C-Vertedoiro clausurado de Boisaca.

3.3-A Recollida Selectiva:

3.3.1-Vidro.

3.3.2-Pilas.

3.3.3-Papel/Cartón.

3.3.4-Plásticos e metais.

3.3.5-Puntos Limpos Móbiles.

3.4-Resíduos Inertes.

3.5-Resíduos Voluminosos.

3.6-Resíduos Especiais.

A-Resíduos Hospitalários.

B-Resíduos da praza de abastos e mercado de gando.

C-RDTPs.

D-Desguaces de coches.

3.7-Educación Ambiental.

3.8-Investigación e desenvolvemento.

4-CONCLUSIÓNS.

5-BIBLIOGRAFIA.

 

 

1-INTRODUCCIÓN

 

O ser humán, como o resto dos seres vivos, dende un punto de vista físico, comporta-se como un sistema que aumenta a sua ordenación interna usando unha fonte de enerxia externa, para o que necesariamente debe incrementar a desorde total do universo (entropia). A entropia producida ven dada pola emisión de calor e ademais pola emisión de todos os refugallos empregados para a obtención de matéria e enerxia.

Neste feito fundamental atopan-se os alicerces do traballo que hoxe nos ocupa. O ser humán non poderá xamais librar-se da xeración dos resíduos porque é unha das características da sua bioloxia.

Os animais no seu médio natural encargan-se de reciclar estes resíduos e reincorporalos no sistema, pero o ser humán foi quen de rachar os factores ecolóxicos limitantes mediante o desenvolvemento tecnolóxico. Partimos dunha situación que se ten rebelado problemática polo extraordinário desenvolvemento humán. Nomedamente isto ocorre nas rexións onde se concentra unha alta densidade de povoación, e sobretodo nas sociedades de base industrial, como a nosa, que se caracterizan por unha altísima producción de todo tipo de refugallos das actividades agrícolas, extractivas, comerciais, e industriais derivadas da nosa enorme taxa de consumo. O modelo de desenvolvemento do que somos herdeiros (o capitalismo industrial) ten como base o crecemento económico. Isto leva aparellado un aumento do consumo dos recursos naturais e un aumento na xeración de resíduos. Este modelo clásico de desenvolvemento das sociedades capitalistas industrializadas está fundamentado na creéncia de que é posible un crecemento económico ilimitado se se produce un aumento parello do nível tecnolóxico que facilite a resolución dos problemas que xera o próprio sistema.

A finais do século XX nos paises que acadaron maiores cuotas de desenvolvemento económico, así como nos que teñen asignado o papel de proveedores de matérias primas e tecnoloxicamente dependentes, está xurdindo unha nova conciéncia que examina as contradiccións aparecidas e trata de poñer as bases do que debe ser o novo modelo de desenvolvemento para o século XXI.

Este novo modelo deu en chamar-se "DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE", e consiste na racionalización dos sistemas de producción e consumo para acadar, como o seu nome indica, un desenvolvemento que poida ser prolongado o máximo posible no tempo. O modelo está ainda en cernes pero xa ten producido cambios de actitudes globais como é o aproveitamento racional do medio natural. Dispomos duns enormes recursos naturais pero limitados, e isto fai desexable o peche dos ciclos productivos, é dicir, o aproveitamento dos resíduos para tornalos de novo en recurso despois dunha série de transformacións.

Dende este punto de vista filosófico decidimos abordar o problema dos resíduos para un território, que é o Concello de Compostela, e ademais decidimos cinguirnos a un campo (xa dabondo extenso) como son os Resíduos Sólidos Urbanos xa que son os máis heteroxéneos e aparentes para o cidadán. Non pretendemos facer unha análise intensiva e pormenorizada do problema dos RSU senón realizar unha aproximación xeral que nos sirva de radiografia dun determinado momento así como de punto de partida para outros traballos máis detallados que requiren dunha visión de conxunto do problema estudado.

Desidimos dividir o traballo en duas partes fundamentais. A primeira fai referéncia á situación actual do lixo, está elaborada unicamente a partir dos datos obtidos. A segunda, cun carácter eminentemente práctico consiste na elaboración dunha série de recomendacións, e propostas de liñas de actuación futuras co obxecto de que poda ser utilizado para mellorar a xestión e tratamento dos RSU en Compostela. Este último apartado parécenos fundamental para que este traballo teña algunha repercusión máis alá do típico estudo consistente nunha recopilación de datos. Deste xeito esperamos candomenos suscitar a reflexión e o debate entre os responsables da xestión e do tratamento de cada tipo de resíduos.

Este traballo foi realizado para a asignatura de Tecnoloxia de Resíduos Sólidos pertencente á licenciatura de Ciéncias Físicas. Decidímonos a escollelo entre a gran variedade de temas posibles porque a sua correcta realización suporia un coñecemento aproximado de cómo funciona o fluxo dos resíduos nunha cidade de tamaño medio e, recolle un amplo abano de situacións e problemáticas xeradas.

 

2-SITUACIÓN ACTUAL.

Para comezar a describir o panorama da recollida e tratamento do lixo debemos referirnos ao coñecido Plano de Xestión dos Resíduos Sólidos Urbáns de Galiza e máis en concreto á sua versión actualizada de 1998, "Adaptación do Plano de Xestión dos Resíduos Sólidos Urbáns de Galiza" (13). Este Plano fai referéncia á necesidade dun cámbio no xeito de xestión e tratamento dos RSU dende o actual verquido incontrolado ata a incineración. Máis adiante definiria-se esta como valorizaciín enerxética de leito fluidizado mediante o uso dun Combustible Derivado de Resíduos (CDR). A Xunta de Galiza decidiu dirixir politicamente esta iniciativa a nível galego, e os Concellos "voluntariamente" puideron adherir-se a ese plano (xa que en matéria de lixo as competéncias son plenamente municipais).

O Concello de Compostela optou en 1992 pola construcción dun vertedoiro controlado que se materializou en 1995. En 1998 o governo municipal asinou un protocolo de intencións coa Conselleria de Política Territorial para a sua adhesión ao coñecido como "Proxecto SOGAMA". A cámbio recibiria o Concello unha série de infraestructuras viárias como contrapartida (11). Este protocolo non foi finalmente presentado ao pleno da corporación polo que o novo governo municipal dispón de autonomia para elaborar a sua própria alternativa no tratamento do lixo. Con este motivo nun futuro próximo licitara-se un "Estudo de viabilidade para a construcción dunha planta de compostaxe dos RSU". Decidimos pois enfocar este traballo cara ás implicacións dese sistema de tratamento por ser o que hoxe por hoxe ofrece maiores posibilidades de futuro no Concello de Compostela.

 

2.0-METODOLOXIA:

Comezamos a elaboración deste traballo plantexando-nos os obxectivos que pretendiamos conseguir que están comentados na introducción. En canto ao método seguido, debido a que buscabamos acadar un coñecemento xeral, decidimos realizar unha série de visitas a distintos lugares de interese e entrevistas á persoas relaccionadas coa problemática dos RSU. Nestas visitas e entrevistas obtivemos información básica que fomos tratando pouco a pouco, para poder así chegar a unhas conclusións finais (melloras propostas e liñas de actuación no futuro).

A recollida de datos foi realizada máis detalladamente que as conclusións que aparecen no apartado 3 de Melloras Propostas, para así obter unha maior precisión no diagnóstico dos problemas. Este sistema de recollida de datos é o utilizado habitualmente en Ciéncias Biolóxicas na sua especialidade Meioambiental, que se ocupa principalmente dos estudos de impacto ambiental de todo tipo de actividades e dos estudos de conservación da natureza.

Na primeira visita efectuada diriximo-nos ao Concello e solicitamos información ao Concelleiro de Meio Ambiente, Néstor Rego Candamil, baseada nunha serie de puntos clave, pedimos que foran o máis detallados posibles. Tamén recollimos información doutras fontes que consideramos interesantes como son o próprio material que tiñamos antes de comezar o traballo, outra bibliografia que fomos atopando e sobre todo a información que nos foi dada por todos os entrevistados, representantes de entidades ou empresas que amablemente contestaron ás nosas preguntas.

A realización das entrevistas acompañámolas de visitas a distintos puntos de interese en canto a xestión e tratamento do lixo dentro do Concello de Compostela.

No seguinte listado aparecen os lugares visitados, as datas da visita e as persoas entrevistadas:

Hospital Clínico da Choupana (17-XI-1999) (Carlos Mejuto).

Vertedoiro de RSU de Piñor (25-XI-1999, 3-XII-1999) (Pablo Martín,

Francisco Colmenero)

Nave de Coregal-Cogami (19-XI-1999) (Maria Villar)

Papeleira de Brandia (9-XII-1999) (David González)

Travema-Cogami (1-XII-1999) (Luis Penín)

Concello de Compostela (Vários dias) (Néstor Rego)

Namentres recolliamos os datos ian xurdindo as primeiras ideas para a mellora do servizo e, sobretodo, asaltábannos moitas dúbidas que fomos subsanando ou minimizando co paso dos dias.

Finalmente realizamos unha entrevista ao Concelleiro Néstor Rego Candamil, para coñecer a visión do governo municipal acerca da situación actual do lixo en Compostela.

 

2.1-RECOLLIDA XERAL DO LIXO.

 

2.1.1-Recollida xeral do lixo.

NOTA: As cifras monetárias que se reflexan neste traballo constan todas do seu respectivo IVE incluido.

O 25-X-1990 a corporación municipal de Compostela acordou en pleno adxudicar o Servizo de Recollida do lixo, limpeza viaria,... á empresa Residuos de Galicia S.A. (REGASA) (29).

A adxudicación cifrou-se nunha aportación municipal anual de 388.214.057 ptas (2.338.639 ¢ ), ao que se debe sumar a cantidade resultante da revisión anual do canon, ademais das ampliacións posteriores tanto do servizo de recollida como doutros.

O 29-XII-1992 acordou-se a ampliación do servizo de recollida do lixo e de limpeza viária en Fontiñas, e de recollida do lixo ás parróquias de: Busto, Nemenzo, Marantes e Berdia. Todo isto por un importe de 23.804.382 ptas (143.399 ¢ ) (29).

En 1996 aprovou-se no pleno ordinário do mes de decembro (8) un incremento do canon de limpeza de 53.976.635 ptas (325.160 ¢ ) pola implantación dos seguintes servizos:

1-Ampliación da recollida xeral a todo termo municipal.

2-Instalación de compactadoras de punto fixo nos hospitais do SERGAS,

aeroporto e praza de abastos.

3-Instalación de 5 puntos limpos móbiles.

4-Ampliación da recollida de vidro.

5-Incorporación de 2 barredoras automáticas.

6-Instalación de contentores de carga lateral xunto coa adquisición de 2

camións para a sua recollida.

7-Incorporación dun lavacontentores de carga lateral.

8-Incorporación de 3 peóns para mellorar a limpeza do Polígono de

Fontiñas.

En 1996 existian no Concello de Santiago 5.167 contentores de recollida xeral do lixo dos que 4.167 tiñan 8 anos de vida (Estimándo-se que lles resta unha vida útil media de 2 anos, datos de 1.996) (6). A elevada idade da maior parte dos contentores fai que o Concello contemple a substitución gradual dos máis vellos e deteriorados, este é un feito importante de cara ós vindeiros anos nos que superarán a súa vida útil media.

Para renovar estes contentores está previsto que se recambien o 10 % dos vellos cada ano (A Voz de Galiza 8-VIII-1.996) (33). O Concello no seu Proxecto de Mellora Ambiental de Marzo de 1.997 (10) cifra as necesidades en 300 novos contentores (Supoñemos que nada máis que para o ano 1.998).

 

Táboa 1. Número de contentores en 1996 según a sua capacidade.

Capacidade dos contentores

Nº de contentores

Total capacidade en l

1.100 l

281

309.100

800 l

1.367

1.093.600

240 l

2.632

631.680

140 l

7

980

120 l

86

10.320

90 l

794

71.460

Total contentores

5.167

2.117.140

Fonte: (6) e elaboración própria.

Adxudicaron-se no ano 1.997, 260 contentores de 2.400 l que son utilizados para a modalidade de carga lateral e 125 de 1.100 l. Foron instalados os de carga lateral no Ensanche e os preexistentes neste báirro foron reutilizados en zonas rurais que carecian de recollida do lixo de ningún tipo (9).

Nesta situación de inexisténcia absoluta de recollida atopaban-se en 1.996 un total de 61 entidades de povoación de todo o Concello e isto incluia 3 parróquias na sua totalidade: Cesar, Marantes e Santa Cristina de Fecha (22).

A elevada idade da maior parte dos contentores fai que o Concello contemple a substitución gradual dos máis vellos e deteriorados, este é un feito importante de cara ós vindeiros anos nos que superarán a súa vida útil media.

Para renovar estes contentores está previsto que se recambien o 10 % dos vellos cada ano (A Voz de Galiza 8-VIII-1.996) (33). O Concello no seu Proxecto de Mellora Ambiental de Marzo de 1.997 (10) cifra as necesidades en 300 novos contentores (Supoñemos que nada máis que para o ano 1.998).

 

Táboa 2. Número de contentores en 1997 según a sua capacidade.

Capacidade dos contentores

Nº de contentores

Total capacidade en l

2.400 l

247

592.800

1.100 l

380

418.000

800 l

1.258

1.006.400

240 l

2.078

498.720

140 l

7

980

120 l

86

10.320

90 l

795

71.550

Total contentores

4.851 (-6`11%)

2.598.770(+22`74%)

Fonte: (9) e elaboración própria.

 

En 1997 houbo unha série de protestas de asociacións de viciños debido ao recibo da recollida do lixo na zona rural, que nalgúns casos era igual ao da zona urbana pero recibian menores servizos. Resolveu-se que nos lugares con servizos de recollida non diários a taxa a pagar é un 50% menor en virtude da Ordenanza fiscal nº13. Neste caso situan-se as zonas rurais do Concello de Compostela, e a polémica resultou zanxada.

Táboa 3. Vehículos para a recollida xeral do lixo en 1997.

2 recolectores de 25 m3 de carga lateral, con 15 anos de vida útil.

1 recolector de 20 m3 cunha vida útil de 7 anos.

5 recolectores de 18 m3, cunha vida útil de 7 anos.

1 recolector de 18 m3, sen que se lle estime vida útil.

2 recolectores de 16 m3, cunha vida útil de 7 anos.

1 recolector de 14 m3, cunha vida útil de 7 anos.

1 recolector de 5 m3, cunha vida útil de 7 anos.

1 lavacontentores de ata 1.100 l de capacidade, cunha vida útil de 4 anos.

1 lavacontentores de carga lateral, con 15 anos de vida útil.

Fonte: (9) (10)

O número de vehículos recolectores da táboa 3, como podemos ver, está referido ao 1997 polo que existen modificacións ata a actualidade. Un dos vehículos recolectores de 18 m3 ten 15 anos de antigüidade polo que se estima que a sua vida útil xa ten rematado. No 1996 este vehículo usába-se como apoio ás ampliacións da recollida que se foron facendo.

Táboa 4. Médios humáns para a recollida xeral do lixo.

 

 

1996

1997

Variación

Conductores en horário nocturno

7

5

-2

Operários en horário nocturno

16

12

-4

Capataz en horário nocturno

1

1

0

Conductores en horário diurno

5

6

+1

Operários en horário diurno

7

7

0

Conductor do vehículo lavacontentores

--

1

+1

Operário do vehículo lavacontentores

--

1

+1

Conductores de carga lateral

--

3

+3

Operários para a carga lateral

--

3

+3

Total

36

39

+3

Fonte: (6) (9) e elaboración própria.

En canto aos medios humáns podemos observar a influéncia que ten no servizo a implantación da carga lateral que unicamente conta cun operário por cada camión namentras que os recolectores de carga traseira necesitan dous.

Os recolectores de carga lateral están deseñados para que unicamente necesiten do conductor para o baleirado dos contentores. É polo tanto innecesária a preséncia de operários. No caso de Compostela optou-se por dotar a cada vehículo de cadanseu operário debido á cantidade de contentores desplazados polos cidadáns do seu sítio e tamén polas dificultades de acceso ante o elevado número de casos de coches mal aparcados que dificultan as tarefas do servizo de limpeza.

Quilómetros percorridos polos vehículos recolectores.

Este dato resulta importante xa que se usa como coeficiente para o cálculo do canon anual do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria. Tan só dispoñemos de datos de 1997 polo que non podemos observar a influéncia da ampliación da recollida do lixo na carestia do servizo.

Km percorridos en 1997

Vehículos recolectores............316.505 Km

Vehículos lavacontentores.........29.005 Km

Total.........345.510 Km

Fonte: (9)

 

2.1.2-Limpeza Viária.

A limpeza viária efectua-se en 3 níveis con distintos horários:

Nível I: Consiste na limpeza mecánica e manual da zona monumental e o Ensanche en xornada nocturna con, 9 operários e 1 capataz, e no mantemento en xornada diurna con horário partido de 10:15 a 13 e, de 16 a 19:45 horas a cargo dun capataz, compartido cos níveis II e III, tres conductores para rego e dous para barredoras, encargados tamén dos níveis II e III. Os domingos e festivos traballan na limpeza de mantemento trece operários pola mañá, de 10:15 a 13:30 horas e dous pola tarde de 16:30 a 19:45 horas.

Nível II: Limpeza mecánica e manual sen repaso. Fai-se nas zonas máis perimetrais de luns a sábados incluidos. Neste nível entra a área do polígono de Fontiñas que se ven realizando con parte do persoal correspondente ao nível III ao espaciaren-se as suas frecuéncias con once operários manuais.

Nível III: Repaso mediante brigadas nas zonas perimetrais en horário diurno con oito ou 10 operários e tres ou catro conductores(6).

O total de persoal adicado a estas tarefas era en 1996 de 40 persoas. Na memória do servizo de limpeza de 1997 non se incluen datos referidos á limpeza viária polo que a información da que dispomos resulta insuficiente para chegar a algunha conclusión práctica.

Táboa 5. Médios materiais adicados á limpeza viária en 1996.

 

-Unha máquina para lavar beirarruas.

-Duas barredoras, unha para as ruas estreitas e outra normal.

-Dous camións de brigada.

-Tres cisternas: unha de 5.000 l, unha de 8.000 l e outra de 10.000 l.

Fonte: (6)

2.1.3-Limpeza de mercados en 1996.

Neste apartado referímo-nos á limpeza dos 3 mercados que dispuñan deste servizo en 1996 que son a Praza de Abastos, o Mercado de Gando de Salgueiriños e o Mercado exterior de Salgueiriños.

A limpeza da Praza de Abastos realiza-se diariamente, no Mercado de Gando de Salgueiriños comeza os mercores e remata-se os xoves. No Mercado exterior de Salgueiriños fai-se todos os venres.

A limpeza da Praza de Abastos realiza-se con persoal asignado a este servizo: dous operários os luns, mércores e venres e, tres operários o resto da semana, ademais dun capataz compartido co nível I. Estas operacións realizan-se de 15 a 21:30 horas aproximadamente.

O Mercado de Gando e o Exterior de Salgueiriños límpan-se con persoal das brigadas(6).

2.1.4-Limpeza da Alameda, Campus Universitário e Parques en 1996.

Na Alameda o sevizo é diário, en horário de 7 a 13:30 horas pola semana e de 10:15 a 13:30 os domingos e festivos.

No Campus Universitário o servizo é diário, agás domingos e festivos, en horário de 7 a 13:30 horas.

O persoal adicado a estes servizos consta de dous operários na Alameda e dous operários no Campus Universitário.

Según a concesionária do lixo Onyx-Regasa a época do outono presenta unha espacial dificuldade para acceder con vehículos á Alameda(6).

2.1.5-Limpeza de cartaces.

Non dispomos de datos sobre esta actividade pero si temos canstáncia de que operários municipais se adican a esta actividade de xeito habitual estando equipados para este fin. A frecuéncia de limpeza de cartaces en zonas como o Ensanche neste momentos é practicamente diária ou cada dous dias co que apenas existe a posibilidade de que existan cartaces nas ruas. Este servizo aumentou de forma considerable a sua actividade xa que en 1996 apenas se realizaban limpezas de cartaces namentras que actualmente é un servizo sistematizado e nalgunhas zonas mesmo excesivo, cos gastos económicos que isto supón.

2.1.6-Compactadoras de punto fixo.

O sistema consiste nun colector de gran capacidade que inclue un mecanismo que compacta o lixo, facendo posible espaciar as operacións de transporte, que se realizan levando as compactadoras ata o vertedoiro.

Este sistema foi implantado en agosto de 1997 e resulta apto para lugares onde se produce unha gran cantidade de lixo.

Deste xeito instalaron-se un total de 5 compactadoras de punto fixo, 4 de 20 m3 de capacidade ubicadas no Hospital Xeral de Galiza, Hospital Provincial de Conxo, Aeroporto de Labacolla e Área central, e unha de 12`5 m3 situada na Praza de Abastos.

Para a recollida destes contentores conta-se cun camión de gancho para compactadoras e cun conductor adicado a este fin(9).

Sistema de recollida de compactadoras de punto fixo

 

2.2-VERTEDOIROS DE RSU.

A-VERTEDOIRO DE PIÑOR.

O 9-XI-1992 o Concello de Compostela aprovou o prego de condicións para a construcción, explotación e control do Vertedoiro de RSU de Piñor. No proxecto de expropiación do 29-VIII-1992 define-se a ubicación "na zona Norte da parróquia de Villestro, na marxe Sur-Suroeste do camiño de acceso ao núcleo de Piñor, xunto ao cauce de Aradas". A paraxe é coñecida como "Lamachán" ou "Campa da Braña". "A superficie total a expropiar na primeira fase é de 104.874 m2 distribuidos nun total de 77 parcelas". O custe total da expropiación ascendeu a 28.840.350 ptas (173.737 ¢ ) que correron a cargo da Xunta de Galiza (24).

O 23-VIII-1993 en Comisión de governo resolveuse adxudicar o contrato á UTE TREMESA-REGASA que despois de diversas modificacións se presupostou en 396.394.422 ptas. (2.387.918 ¢ ) a execución material do proxecto, e en 58.859.797 ptas. (354.577 ¢ ) os custes de explotación anuais (5).

Foto 1: Vertedoiro de RSU de Piñor en 1999.

 

A impermeabilización é a base dunha manta flexible de bentonita no fondo da golada, e unha lámina de polietileno de alta densidade de 1.5 mm de espesor en toda a superfície.

O estudo das condicións de emprazamento do vertedoiro destaca " a golada sobre a que se asenta o vertedoiro está formada por un substrato rochoso impermeable, por riba do cal se atopa un paquete detrítico formado pola rocha en distintos graos de alteración" (3).

"Os materiais que forman este nível son areas limosas cunha permeabilidade de k=6·10-6 m/s, permeabilidade que pode ser considerada como media-baixa.

O paquete detrítico forma un acuífero superficial, non confinado, doméstico, e de pouca entidade. Os caudais que aporta o acuífero son escasos.

O encharcamento superficial da zona durante longos periodos de tempo debe-se a que se atopa saturado de auga e o nível desta acada a superfície. Esta auga forma un curso superficial que drena finalmente ao rio de Roxos.

A rede de drenaxe á vez que desauga as infiltracións superficiais, permite manter un nível de chan non saturado de 3 m, espesor importante que actuará como primeira barreira depuradora "land treatment" en caso de fallo do sistema de impermeabilización.

Polo que respecta á impermeabilización esta levara-se a cabo en duas fases sucesivas de acordo co avance da explotación:

  1.  
  2. Fase Inicial (I): Corresponde á superfície de explotación comprendida dentro do primeiro talude, que son 20.700 m2. Esta fase terá unha duración de 4 anos aproximadamente. Dada a importáncia que ten nesta zona o obter unha maior seguridade en canto á capacidade impermeable da barreira a colocar, tal e como considera o proxecto, disporan-se duas barreiras artificiais. A primeira consiste nunha manta flexible composta por bentonita de sódio natural inmersa entre duas capas de xeotéxtil. Sobre esta, colocarase unha segunda barreira consistente nunha capa de polietileno de alta densidade de 1.5 mm de espesor protexida superiormente por xeotéxtil.
  3.  
  4. Fase Final (II): Corresponde á superfície de explotación comprendida dentro do segundo talude que son 21.000 m2. A sua duración será de 5.6 anos aproximadamente. Esta segunda fase, que non ten dende o punto de vista da impermeabilización, a importáncia da primeira, impermeabilizara-se cunha soa barreira artificial consistente nunha lámina de polietileno de alta densidade de 1.5 mm de espesor protexida superior e inferiormente por xeotéxtil" (4).
  • No proxecto inicial constaba a construcción dun forno incinerador para a eliminación de animais mortos e posibles desperdícios sanitários, que por razóns hixiénicas deberan ser incinerados. Finalmente foi desestimada a construcción deste forno incinerador polas seguintes razóns:
    1.  
    2. "O forno ofertado pola UTE adxudicatária era apto para incinerar restos de animais enteiros "tipo porco" duns 120-150 Kg. Polo tanto as posibilidades de tratamento para animais maiores como vacas ou cabalos serian:
    3. a) Ser esnacados a man para poder introducilos no forno cos riscos sanitários que esta operación implica para o operário, xa que, polo xeral, estes animais morreron a causa dunha enfermidade.

      b) Soterramento con cal en gábias especialmente preparadas para isto.

      Os animais pequenos terian que ser soterrados en gábias

      especialmente preparadas para isto de todos os xeitos. É dicir, o forno

      incinerador estaria infrautilizado e seguiria sendo necesário o soterramento

      con cal.

    4. A utilización do forno incinerador para certo tipo de resíduos hospitalários tampouco parece aconsellable nun princípio, pois para obter un rendemento óptimo e asegurar un correcto tratamento, seria necesário dimensionar o forno para unha determinada cantidade e composición dos resíduos, é dicir, haberia que caracterizar eses resíduos (densidade, composición cuantitativa e cualitativa, poder calorífico inferior).

    -Non se xustifica polo exposto, o dotar ao vertedoiro de RSU dun forno

    incinerador á vista da sua pouca operatividade" (3).

     

    En canto ao control das instalacións:

    "O laboratório deberá contar con: pHmetro, conductivímetro, densímetro, axitador magnético así como os instrumentos necesários para controlar a temperatura e a producción de gases na masa de resíduos.

     

     

    Foto 2: Depuradora do vertedoiro de Piñor.

    Foto 3: Balsa de lixiviados do vertedoiro de Piñor

    -Falta colector de saneamento.

    -Falta depuradora de lixiviados.

    -Plano das instalacións e obra civil.

    B-VERTEDOIRO DE RESÍDUOS INERTES DE ARÍNS.

    "O 9-XI-1992 saiu a concurso o prego de condicións para a construcción, explotación e control do vertedoiro de Resíduos Inertes situado en Aríns. O concurso foi resolto conxuntamente co do vertedoiro de RSU de Piñor e foi adxudicado o 23-VIII-1993 á UTE TREMESA-REGASA. a sua construcción foi presupostada en 59.249.481 ptas (356.924 ¢ ), e o seu custe anual de explotación en 14.533.126 ptas (87.548 ¢ ) o 25-II-1994".

    Construiu-se nas proximidades da povoación de Aríns tentando aproveitar os furados dunha mina abandoada, polo que coa instalación dun vertedoiro de resíduos inertes nesta ubicación tentan-se resolver dous problemas ao mesmo tempo. Estes problemas son a clausura da mina selándoa coa engádega de resíduos inertes e por outra banda o depósito controlado destes mesmos resíduos.

    Como non conta cun sistema de impermeabilización coa capa freática os resíduos que se poden depositar son unicamente resíduos inertes e así aparece reflectido no regulamento do Servizo Municipal de retirada de entullos e de explotación do vertedoiro urbán (Aríns) (18). "Os resíduos que se depositarán no vertedoiro (de Aríns) serán resíduos industriais, agrícolas, de construcción e obras menores, de reparacións domiciliárias, coas limitacións que se establecen no artigo 3º".

    "Estas limitacións fan mención, entre outras, á potestade do Concello para esixir que resíduos procedentes destas actividades, que presenten características que os fagan tóxicos e perigosos, sexan depositados na forma e lugar adecuados. Polo tanto non poderán ser depositados neste vertedoiro de resíduos inertes" (18).

    "Consideran-se como resíduos inertes aqueles que poden ser depositados en vertedoiros ou entulleiras ou ser utilizados para recheos de terreos, bases de estradas, etc., sen xerar ningún efecto negativo no meio ambiente salvo, quizais, un maior ou menor deterioro estático se os resíduos non se depositan no lugar e maneira máis axeitada" (18).

    "Segundo a directiva 1999/31/CE do Consello da Unión Europea relativa ao verquido de resíduos. Resíduos inertes son aqueles que unha vez depositados nun vertedoiro, non experimentan transformacións físicas, químicas ou biolóxicas significativas e que cumpren os critérios de eluato establecidos no anexo III" (18).

    Por todo isto os resíduos admisibles son:

    -Resíduos procedentes da derruba de vellos edifícios e estructuras.

    -Resíduos procedentes da rehabilitación e restauración de edifícios e estructuras existentes.

    -Resíduos procedentes da construcción de novos edifícios e estructuras.

    -Resíduos procedentes do arranxo de ruas.

    -Resíduos procedentes da producción de materiais de construcción, por exemplo resíduos dunha formigoneira, compoñentes do formigón, artigos de madeira, etc.

    -Resíduos procedentes de industrias extractivas.

    -Resíduos de caucho en forma de productos acabados usados, ou non conformes nin recuperables.

    -Refractários.

    -Resíduos plásticos ou polímeros en forma de productos acabados ou non conformes nin recuperables(18).

    "Excepción: materiais procedentes de desmontes e movementos de terra, etc".

    "Non obstante o Concello poderá autoriza-lo depósito de productos que, ainda que non estean previstos no proxecto inicial, poidan favorecer unha máis rápida recuperación do medio" (18).

    "Non serán admisibles, en ningún caso, aqueles resíduos que estean tipificados como tóxicos ou perigosos na lexislación meioambiental vixente en cada momento ou, de se-lo caso, resultaran non admisibles trala realización das probas oportunas" (18).

    Outro aspecto interesante comentado polo regulamento aparece no segundo parágrafo do seu artigo 4º: "Para a zona monumental dispora-se un modelo especial de colector que, atendendo ás características especiais desta zona, minimice o choque estético e entorpeza o menos posible a funcionalidade da zona" (18).

    Como contraste con esta situación teórica recollemos brevemente, a modo de exemplo, a entrada dunha parte dos voluminosos que foron depositados en Aríns según consta no Informe Anual das actuacións do servizo municipal de limpeza e vretedoiros do 1996 (6), que teñen compoñentes que constituen Resíduos Tóxicos e Perigosos ou ben que por si mesmos xa se poden considerar como RTPs.

    Táboa 6. Resíduos depositados en Aríns en 1996 que poden conter RTPs.

    Tipo de producto

    Cantidade en número

    Baterias

    Caldeiras

    Coches

    Extintores

    Fotocopiadoras

    Motores

    Ordenadores

    Televisores

    Deshumidificadores

    Neveiras/Conxeladores

    Letreiros luminosos

    4

    12

    13

    2

    3

    3

    9

    426

    2

    281

    3

    Fonte: (6)

    As baterias son consideradas por completo RTPs debido á cantidade de metais pesados que aparecen en disolución. Os coches teñen numerosas partes e líquidos tóxicos e perigosos. Os extintores, fotocopiadoras, televisores, deshumidificadores, neveiras/conxeladores e letreiros luminosos conteñen partes tóxicas e perigosas que deben ser separadas das inócuas antes do seu depósito.

    Por outra banda tamén se recolle nesta memória o depósito de materiais voluminosos que ainda sendo inertes química e fisicamente tal e como se define na Directiva comunitária 1999/31/CE resultan totalmente reutilizables ou reciclables polo que cun escaso tratamento prévio resultarian de novo útiles e deixarian de ser resíduos para pasar a converter-se en recursos.

    Táboa 7. Resíduos depositados en Aríns en 1996, totalmente ou en parte reutilizables ou reciclables.

    Tipo de resíduo

    Cantidade en número

    Alfombras/Moquetas/Felpudos

    Armários/Taquillóns

    Arquivos/Ficheiros

    Aspiradoras

    Barbacoas

    Bicicletas

    Botelleiros

    Cadros

    Cartón

    Colgadores da roupa

    Escritórios

    Espellos

    Estructuras metálicas/Ferros

    Ferros de pasar

    Gaiolas

    Librerias/Expositores

    Maletas/Arcóns

    Mobles de cociña

    Sillóns

    Somieres

    Tocadiscos/Rádios/Vídeos

    Lámpadas

    Libros/Papel

    Madeira/Palés

    Máquinas de coser

    Mobles de sala e comedor

    Pupitres

    Sillas/Bancos

    Sofás

    Ventiladores

    Vidros

    Xoguetes

    25

    127

    5

    15

    3

    41

    3

    2

    45

    5

    3

    13

    110

    5

    2

    69

    17

    110

    155

    665

    15

    9

    5

    405

    4

    133

    23

    452

    225

    3

    23

    3

    Esta breve relacción está elaborada en base aos nosos coñecementos. Na relacción de materiais depositados pode haber pezas ou resíduos que teñan valor e saida no mercado ben como obxectos para o seu uso ou ben como obxectos con valor de antigüidade prévia restauración por artesáns especializados.

    Por último destacar que a denominación oficial de determinadas entregas non aclara ren sobre a sua composición ou perigosidade e a veces tan sequera queda clara a denominación empregada serva de exemplo a seguinte mostra.

    Táboa 8. Materiais depositados en Aríns en 1996 con denominación inadecuada.

    Denominación

    Cantidade en número

    Aros

    Bidóns/Caldeiros

    Cáixas con vários

    Chemineas

    Máquinas

    Salas completas

    4

    114

    451

    1

    5

    3

    Fonte: (6)

    As instalacións do vertedoiro de Aríns contan nada máis cun sinxelo sistema de decantación dos materiais en suspensión que puidera conter a auga que pasa polo vertedoiro.

    O servizo de recollida de entullos recolleu os seguintes resíduos, que aparecen expresados na táboa 9, mediante colectores comentados no apartado 2.4.

    Táboa 9. Resíduos depositados no vertedoiro de Aríns mediante colectores de gran capacidade.

    NOTA: A cantidade está expresada en m3

    Usuário do servizo

    1996

    1997

    Variación en m3

    Contenedores Sánchez S.L. (CONSA)

    7.411

    4.665

    -2.746

    Puente Mantible S.L.

    281

    101`5

    -179`5

    AQUAGEST S.A. (fangos)

    448

    602

    +154

    AQUAGEST S.A. (limpeza de rios)

    --

    168

    +168

    AQUAGEST S.A. (outros)

    723

    67

    -656

    TREMESA-REGASA UTE

    1.800

    2.899

    +1.099

    CESPA S.A.

    2.237

    2.999

    +762

    Brigada de Parques e Xardíns

    587

    449`5

    -137`5

    Brigada de Vias e Obras

    1.823

    1.873`5

    +50`5

    IMASA

    3.590

    2.369

    -1.221

    Particulares

    796

    1086`5

    +290`5

    Onyx-Regasa

    29

    --

    -29

    Tráfico

    4`5

    --

    -4`5

    TOTAL

    19.729`5

    17.280

    -2.449`5 (-12`41%)

    Fonte: (6) (9)

    Como podemos observar na táboa 9 a cantidade deste tipo de resíduos varia moito dun ano a outro se temos en conta cada usuário individualmente. Por outra banda ainda que temos en conta que se deben realizar análises para poder admitir certo tipo de resíduos temos que pór de manifesto várias obxeccións ao sistema utilizado.

    Hai que sinalar que tanto os fangos como os resíduos que derivan da limpeza de rios non se poden considerar resíduos inertes xa que os primeiros son moi activos química e biolóxicamente e os segundos aparecen inzados do lixo que se verque aos rios ilegalmente. Isto contradí claramente o artigo 1 do Regulamento municipal do servizo de retirada e transporte de entullos e funcionamento do vertedeiro urbán (18).

    O sistema de depuración de augas existente neste vertedoiro consiste unicamente nun sinxelo proceso de decantación polo que baixo ningún concepto podemos permitir que se depositen substáncias non inertes neste vertedoiro xa que producirian o conseguinte impacto no meio ambiente. No caso dos resíduos tóxicos e perigosos este feito o convertiria nun simple vertedoiro incontrolado fóra de toda consideración en canto a un tratamento racional do lixo.

    C-VERTEDOIRO CLAUSURADO DE BOISACA.

    2.3-A RECOLLIDA SELECTIVA.

     

    Nun estudo baseado nunha enquisa da revista OCU-Compra Maestra Nº 183 de Novembro de 1.995 resalta que os cidadáns de Santiago de Compostela ficaban moi descontentos coa recollida de Vidro, Papel e Pilas e descontentos coa de plástico e lixo orgánico ( Non se realizaba no momento da enquisa recollida de papel e pilas e tampouco se realiza na actualidade a de plástico e lixo orgánico ). Só a recollida de voluminosos mantiña unha consideración mellor que a média do estado español.

    A situación actual está mudando rapidamente e aumentou o número de contentores de recollida selectiva.

    A poboación compostelana racha os tópicos sobre falta de colaboración na separación dos refugallos cando observamos os datos de incremento da recollida de vidro gracias a instalación de novos contentores (Ver apartado da recollida de vidro)

     

     

     

  • 2.3.1-RECOLLIDA DE VIDRO E PILAS.
    1.  
    2. O VIDRO

    Foto 4: Vidro usado almacenado no vertedoiro de Piñor.

    Existen neste momento no termo municipal 85 contentores de recollida selectiva de vidro dos que 35 foron instalados no ano 1.997. Se temos en conta a poboación do Concello en 1.991 ( Poboación de feito ) que era de 87.472 habitantes o ratio é de 1.029 hab./ contentor de vidro, pero debemos considerar tamén:

    -Ós universitarios, que supoñen miles (uns 30.000 aproximadamente que non

    estan censados en Santiago) e de feito residen na cidade durante o periodo

    lectivo.

    -Ós traballadores, que viven en concellos limítrofes pero que se desprazan

    diariamente a Compostela para realizar a súa actividade profesional.

    -Ó aumento da poboación dende o ano 1.991 deica á actualidade.

    Todos istes feitos lévannos a estar moi por riba dos ratios recomendados de 600 hab./ contentor ( Fonte: Adega ) máis arriba incluso da estatística oficial, xa de por si moi alta, pero que como vemos pode ser maquillada alterando os feitos reais.

    OCU-Compra Maestra no estudio citado anteriormente destaca que en 1.995 ( Existían 50 contentores de vidro ) Santiago de Compostela, Almería e Zamora eran as cidades nas que máis xente tiña lonxe o contentor de vidro (A máis de 100 m de distancia), e este é un factor moi importante á hora de incrementar a eficacia deste tipo de recollida.

    O Concello de Santiago na súa "Proposta de mellora do medio ambiente" recoñece: "Resulta notorio nembargantes que a cantidade de vidro que se recolle aumenta co acercamento dos contentores ós potenciais puntos de consumo, existindo neste momento unha dispersión superior ó que puidese considerarse aceptable".

    O "Informe Anual das actuacións do Servicio Municipal de Limpeza e Vertedoiros " do ano 1.996 recolle que no devandito ano se recolleron un total de 41.968 Tm. de lixo das que 261`380 Tm. eran de vidro separado en orixe, o que corresponde a un 0`62 % do total do lixo ( 163`160 Tm. en 1.995 , de 1.994 non hai datos do ano completo ).

    Se caemos na conta de que o vidro representa un 7-8 % do lixo, decatarémonos da cantidade de vidro reciclable que vai parar ó vertedoiro e non se recicla nin reutiliza cos prexuizos medioambientais que isto conleva.

    O propio Concello no seu " Proxecto de mellora ambiental " do 1.995 (Antes citado) recoñece a necesidade de instalar 25 contentores novos de vidro. ONYX-REGASA concesionaria da recollida do lixo considera necesario chegar a 120 contentores ( Outubro de 1.996 ).

    De recente actualidade é un informe sobre a situación do medio ambiente no estado español do Ministerio de Medio Ambiente do 29-XII-1.997 que recolle que Galiza é a comunidade autónoma que menos vidro recupera de todo o estado ( Suponse que se refire a cantidade por habitante ).

    Según estes datos Galiza con 2.709.743 habitantes ( de feito en 1.991 ) recolleu 825.000 Kg de vidro mentras que Euzkadi con 2.093.415 habitantes, na mesma data, recolleu 17.000.000 Kg , 20 veces máis (datos de 1.996 ).

    Actualmente o vidro que se recolle en Compostela é enviado ó vertedoiro de Piñor onde se almacena ata acadar unha cantidade que resulte comercialmente rentable. Despois, será recollido para reciclar.

    O Concello dispón dun camión grúa para recollida de contentores de punto fixo (vidro,papel,...) (ademais de voluminosos). Ademais este ano incorporouse un novo camión grúa en 1997.

     

  • B) RECOLLIDA DE PILAS
  • Recentemente, no ano 1.997 foron instalados novos contentores (50). Son de cor vermella e non presentan compartimento especial para pilas botón o que evidencia que non van ser recicladas.

    O Concello recoñece no seu " Proxecto de Mellora Ambiental " de 1.997 que se necesitan 150 contentores deste tipo.

    As pilas recollidas son enviadas ó Vertedoiro de Residuos Tóxicos e Perigosos das Somozas ( Ferrolterra ) onde son simplemente inertizadas ( Non hai datos feacientes disto ).

     

     

     

     

    2.3.2-RECOLLIDA DE PAPEL E CARTÓN

    A primeiros de xaneiro de 1998 comezaron a ser colocados nas ruas de Compostela os 70 contentores que estaban almacenados dende o verán de 1997. O motivo de que estiveran tanto tempo almacenados foi a reforma que se houbo de facer neles para evitar que se produciran filtracións de auga de chúvia que estragarian o papel almacenado.

    A empresa COREGAL-COGAMI se comprometeu a recoller o papel por un canon asumible polo Concello sempre que se instale un número mínimo de contentores. Esta mesma empresa, todo hai que dicilo, ten abandoada a recollida de papel que viña realizando en grandes centros productores ( Universidade,...) e isto ocasionou no verán de 1.997 que houbera que tirar ó vertedoiro todo o papel que estaba listo para reciclar.

    Foto 5: Nave de Coregal no polígono do Tambre

    Cada mes COREGAL-COGAMI recolle ata 220 Tm. de papel e cartón e " en caso de que o Concello creara un convenio específico con contentores por todo o casco urbán, o servicio que realiza COGAMI seguiría funcionando pola

     

    comodidade que supón o recoller o producto nos propios puntos " ( El Ideal Gallego 30-IV-1.996 ).

    O Concello recolle no " Proxecto de Mellora Ambiental " a necesidade de instalar 150 contentores de papel na cidade.

     

     

    O 26-III-1.995 o Ideal Gallego fíxose eco de que "en ocasións a Papeleira de Brandía, situada próxima a Santiago foi receptora de papel usado para a súa reciclaxe pero o seu Director neses intres, Jesús Rodríguez alega: " O 90 % das papeleiras do mundo fabrican pasta de papel e non adican a súa actividade ó reciclado porque o público demanda un producto que debe responder a determinadas condicións de presencia e resistencia que a través do papel reciclado non se poden obter ".

    Confiados no errado das súas palabras no referente a actitude da poboación decatámonos da importancia que deben ter os organismos públicos dando exemplo na utilización e promoción do papel reciclado ( Ver capítulo de propostas ).

    O papel e o cartón constitúen o 20 % do lixo ( Fonte: Adega).

     

     

     

    2.3.3-PLÁSTICOS E METAIS.

     

    Non hai ningunha iniciativa por parte do Concello neste eido e non está previsto que a haxa a curto prazo. A concesionaria do lixo ONYX-REGASA na súa " Proposta de Ampliación e Mellora da recollida do lixo " afirma:

    " Por cada Tm. de aceiro reciclado afórranse as 2.500 Termias necesarias para cubrir as necesidades enerxéticas de transformación nas acerías, sen ter en conta os custes de extracción e obtención do metal ".

    " Ó reciclar Aluminio, afórrase o 90 % da enerxía necesaria no proceso de obtención do Aluminio a partir do mineral. Unha Tm. de Aluminio recuperado aforra arredor de 4 Tm. de Bauxita, 700 Kg. de coke e alquitrán. Ademais reduce as emanacións de fluoruro de aluminio ó aire".

    Cómpre dicir que a hetereoxeneidade destes materiais fai recomendable a separación nunha sinxela planta de tratamento deste tipo de residuos, e que existen moitas posibilidades de dar saída a estes productos debido á nova Lei de Envases con acordos cos fabricantes.

    Ademais se o obxectivo consideramos que é o de construir unha planta de compostaxe, xa de por si teríamos que separar o lixo en materia orgánica compostable ( MOC ) e Resto ( Tamén se efectuaría a recollida selectiva dos materiais que vimos citando: vidro,... ) non sería necesaria a separación en demasiados contentores distintos para non facela complicada e non ter que sementar as rúas de recipientes de recollida selectiva.

     

    2.3.4-PUNTOS LIMPOS MÓBILES

    O Concello de Santiago dispón de 4 contentores deste tipo que non están sendo utilizados.

    Consisten en grandes contentores móbiles de 15 m³ que se poden dividir en ata 4 compartimentos de 3 a 5 m³. Estes contentores poden ser utilizados para a recollida selectiva ou de cascallos. Poden ser instalados varios días nunha zona e logo ser retirados e colocados noutra.

     

     

     

     

    2.5-RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS.

    Realízase por medio dun camión grúa de 7 anos de antigüidade, cunha vida útil estimada de 7 anos. É o mesmo vehículo que se utiliza actualmente para a recollida dos contentores do vidro.

    Actualmente este servicio funciona de xeito gratuito previa cita telefónica. Os materiais recollidos son simplemente depositados no vertedoiro de Piñor.